MAR DE BLUES

A GUARDA

FESTIVAL  "MAR DE BLUES"

A NOSA HISTORIA

Nace en 2021 co respaldo incondicional de Cervezas Alhambra, e onde poidemos disfrutar de duas xornadas cheas de música e diversión a cargo de Javier Turnes & Marcos Coll, a banda galega "Jay Doe & The Blue Preachears" e os portugueses "Peter Storm & The Blues Society" .

No 2022 voltamos vivir outras duas noites incribles, ca praza ateigada de xente bailando xunto a artistas como Remi Banklyn (UK) e o bluesman de Chicago Will Jacobs, arroupado por artistas como Javier Vacas, Marcos Coll, Javier Turnes e o gran batería americano Julian Vaughn (BB King, Albert King,…)

2023.  Julián Maeso, Mingo Balaguer & Pablo Sanpa e Javier Turnes & The Hake Men forman parte dun Mar de Blues, que remata consolidándose como un dos festivais máis importantes da península. Destaca a gran repercusión internacional, en parte grazas a presenza do americano Tommy Castro arroupado pola sua banda The Painkillers (Primeira vez na Galiza). 


2024 primeira presenza dunha voz femenina!!! e que voz!!!

2024: o festival aumenta o número de bandas participantes e ademáis por primeira vez tería como cabeza de cartel unha voz femenina.  

O cartel estaría composto por artistas noveis como  David L.H. e Little Orange, músicos de renombre como no caso de Minneman Blues Band ou os xa coñecidos The BLues Moonshiners. Pero sobre todo destacaría pola presenza da que sería a primeira artista femenina en subirse o escenario do Mar de Blues.... ;Dorrey Lin Lylies.




MAR DE BLUES  2025


Xa estamos traballando na que seró o 5º aniversario de este pequeno festival... podemos xa anunciaros as datas da vindeira edición:

18-20 de XULLO 2025

E hora de que vaias reservando esas datas para achegarte ata A Guarda (Galicia) e así disfrutar dun fin de semana cheo de emocións e fraternidade. 

O lugar de encontro voltará ser a fermosa Parza do Reló.


contacto: festivalmardeblues@gmail.com

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar